Alberto Gracia
Информация
Биография
Место рождения:
Ferrol, A Coruña, Galicia, SpainДата рождения:
(лет 54)Пол:
Мужской
Artista multidisciplinar que traballou a escultura, a pintura e o cinema. Como cineasta é autor de unha das filmografías máis interesantes do cinema actual. Nado en Ferrol, estudou Escultura na Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. É na escultura, no debuxo e na pintura onde empeza o seu traballo artístico. Pronto realiza incursións no vídeo e o cine e se establece en Barcelona en 2002. Con unha bolsa Hangar de dous años (2008-2009) prepara e realiza exposicións coa súa obra no Centro de Cultura Contemporánea, en LABoral Centro de Arte y Creación Industrial de Gijón, o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa de A Coruña (2017) ou en países como Austria ou Francia. No cinema traballou co director Óliver Laxe. Considerado parte do Novo Cinema Galego, a sua primeira curta foi Microfugas (2008), froito da cal é seu primeiro ensaio, Microfugas. Teoría e xogo da profanación (2010). Despois de distintos proxectos de vídeo e outras curtas, en 2013 estreou a sua primeira película, O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, coa que gañou o premio da crítica da Federación Internacional da Prensa (Fipresci) no Festival Internacional de Cinema de Róterdam; a sua segunda película, La estrella errante (2018), foi galardoada no Festival de Cinema Europeo de Sevilla. En 2021 realizou a rodaxe do seu terceiro largometraxe, La parra.
Films with the participation of the actor
Фото
Alberto Gracia